25/2/11

É tempo de lírica

No IES Castro de Baronceli é tempo de lírica. O Equipo da Biblioteca organizou unha actividade temática coa poesía lírica coma protagonista, iniciativa que ten coma obxectivo acercar os alumnos á poesía, quitar esa especie de medo natural que parece que lle teñen os máis xóvenes. O lema elixido para concienciar de que a poesía forma parte das nosas vidas é: "Dis que non che gusta a poesía; e logo, as letras das cancións, que son?". Algunhas columnas do Instituto foron decoradas con letras de cancións dos solistas e grupos musicais máis escoitados do momento, e os alumnos teñen oportunidade de colgar as letras das súas cancións favoritas.
Paralelamente, na Biblioteca exponse unha selección de libros de poesía, que conta con autores xa clásicos coma Neruda ou Bécquer, entre outros.

Tamén se lle entregou a María Peña Damorín o premio correspondente ao concurso de poesía amorosa, organizado co galo do día de San Valentín: unha cena para dous persoas nun restaurante de Verín e que foi un éxito de participación. Merecido o premio para María, coma podemos ver nos versos do seu poema, que está ademáis exposto no chan, diante das escaleiras, para que todos poidan lelo e mesmo pisotealo ;-)


No hay comentarios: